Juan Carlos Pájaro: «Con só 11 xogadores non aguantas 34 xornadas»

Logo de medio curso de adaptación, o seu conxunto vén de converterse nunha das sensacións do arranque da liga en Segunda Galicia


Juan Carlos Pájaro (Ames, 1977) tomou as rendas do vestiario do Taragoña o pasado mes de decembro. Logo de medio curso de adaptación, o seu conxunto vén de converterse nunha das sensacións do arranque da liga en Segunda Galicia. Confesa que non descarta nada, aínda que non está obsesionado co ascenso.

-O Taragoña vai coma un mísil.

-Por agora está todo moi igualado, os equipos estamos nunha distancia moi pequena. Aínda temos que ir acumulando puntos.

-Que meta se pon?

-Mellorar con respecto ao ano pasado, cando quedamos sextos. Buscamos crecer día a día e ser competitivos en tódolos campos, e fronte a tódolos equipos. Ninguén renuncia ao ascenso, pero os favoritos son os equipos que fixeron dez ou 15 fichaxes. Eles deben ter a presión.

-Pois a vostedes tamén os poñen como favoritos.

-A xente fala, pero non me preocupa o que digan agora. Que o repitan en marzo ou en abril, que é cando se decide todo [ri]. O falar non ten cancelas. Eu creo que hai sete ou oito equipos que estarán igualados ata o final.

-Entón cales son os seus candidatos?

-Entendo que a presión debe ser para Bertamiráns e Bastavales, que sufriron unha renovación moi importante. Despois quizás estea o Abanqueiro e o Lesende, este último sempre se mete arriba. Hai outros que non vamos a quedar a moita distancia, como podemos ser o Queiruga, o Cabo ou nós. Pero cada ano hai sorpresas.

-Que fútbol busca este ano?

-Queremos manter o modelo de xogo no que traballamos o ano pasado, así como mellorar aspectos defensivos. Ofensivamente somos un equipo que quere xerar problemas aos rivais.

-Como valora esta tempada á fronte do Taragoña?

-Estou moi ben, contento e moi orgulloso do equipo. A xente está involucrada, veñen uns vinte futbolistas por adestramento e o ambiente é moi bo. Por parte da directiva, contamos con persoas serias, formais, que buscan facer un proxecto que non é a curto prazo.

-As claves do éxito neste deporte cales cre que son?

-Nesta liga o importante é a constancia e contar cunha plantilla equilibrada. Con só 11 xogadores non aguantas 34 xornadas.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Juan Carlos Pájaro: «Con só 11 xogadores non aguantas 34 xornadas»