Contacontos, obradoiros e feira na Semana do Libro de Ames

e. Araújo

AMES

17 abr 2018 . Actualizado a las 04:55 h.

A Semana do Libro de Ames comezou onte cunha primeira sesión de contacontos no local social de Augapesada que se vai repetir hoxe en Bugallido, mañá no Milladoiro e o xoves en Bertamiráns. A programación engade hoxe, ás 18 horas, a presentación do libro O Valo, de Carlos Labraña, tamén na biblioteca do Milladoiro. O venres e o sábado haberá nas bibliotecas do Milladoiro e Bertamiráns, respectivamente, un obradoiro creativo para que os participantes poidan construír un libro ilustrado. A actividade principal da Semana do Libro, Literatura na praza, será o día 21, na praza do Concello, de 17 a 20.30 horas. Haberá venda e exposición de libros e xogos de mesa, unha mostra bibliográfica, un obradoiro de reciclaxe e a presentación do libro do XIV Certame Literario Concello de Ames. Ás 18 horas haberá un contacontos teatralizado e a presentación dos libros Pon un psiquiatra na túa vida e xa verás, de Úrsula Heinze; e Os fíos de infantil, de Ángeles e Isabel Abelleira Bardanca.