Alingua, con cinco concellos da área de Santiago, estrea en maio a serie «O gran reto»
A BAÑA
Presentou en Vilagarcía a súa programación, que se desenvolverá baixo o lema «É túa. Pásaa!»
19 abr 2023 . Actualizado a las 05:05 h.A Asociación de Entidades Lociais pola Lingua Galega (Alingua), na que se integran 19 concellos galegos entre os que se atopan A Baña, Ames, Rois, Santiago e Teo, presentou onte o programa de actividades para os vindeiros meses. Terán como lema É túa. Pásaa!, que xa se pode ver en fachadas de edificios como a Casa da Cultura de Bertamiráns ou o Concello da Baña, e conta cun tema musical para transmitir esa mensaxe realizado por Fátima Pego e Grande Amore, para convidar a coidar a lingua, pero sobre todo a falala e utilizala. A campaña inclúe o reparto de vinilos e bandeirolas entre a veciñanza.
Ademais, no mes de maio estrearase nas distintas canles do colectivo a webserie O gran reto, na que tres castelán falantes amosarán a súa experiencia vivindo en galego durante 21 días. Martiña Pérez, unha das participantes, apuntou que o desafío lle resulta complexo por vivir nun entorno maioritariamente castelán falante.