A Baña acompañará a filloa de moita música e talleres

A festa será o 15 e o 16 de febreiro


Achégase unha das exaltacións gastronómicas por excelencia do inverno na área de Santiago, como é a da Festa da Filloa da Pedra, na Baña, que entre o sábado 15 e máis o domingo 16 de febreiro, celebra a súa décimo sétima edición. Onte promoveuse no mercado compostelán La Galiciana, coa elaboración deste produto típico polas filloeiras Arita Pais, Lola Landeira e Mónica Tomé, da Asociación Filloas da Pedra, a quen acompañou a concelleira de Cultura, Mónica González.

A Festa da Filloa da Pedra abrirase o sábado 15 pola tarde coa Foliada filloeira, onde o público poderá degustar filloas da pedra e filloas de Muimenta, nun intercambio que as da Baña devolverán o vindeiro 1 de maio a terras lucenses. O día grande será o domingo con actividades dende as dez da mañá, aínda que antes comezará a Feira de Cans de Caza, nun recinto anexo ao pavillón, que premiará aos mellores exemplares. O grupo Os Campantes da Baña amenizará o ambiente e, ás 11.30 horas, haberá un taller de horta ecolóxica en bancais cos alumnos do obradoiro Xóvenes 2019.

O pregón correrá a cargo de Ramón Castro, de Onda Cero Santiago, e, para xantar, os asistentes poderán degustar as filloas da Baña con lacón con grelos, chourizo, orella, e filloas doces para a sobremesa. Paralelamente, dúas pulpeiras servirán o polbo á feira e o churrasco. Pola tarde, a charanga BB+ poñerá a nota musical na sobremesa. Ás 16.30 horas, haberá un taller de estampado de camisetas a cargo de Silvia Capelo. A orquestra Finisterre encargarase de poñelo broche final a partir das seis.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Baña acompañará a filloa de moita música e talleres