O entroido da Baña repartirá hoxe 1.700 euros

E. F. A BAÑA / LA VOZ

A BAÑA

FORXÁN

O desfile saíra ás 17.00 horas da rúa Xacinto Rodríguez

17 feb 2018 . Actualizado a las 05:10 h.

O desfile de entroido da Baña terá hoxe o bo tempo como aliado. Ás 17.00, as comparsas sairán da rúa Xacinto Rodríguez cara a praza do Concello e a rúa Tedelle, para rematar no pavillón, onde haberá animación para os máis pequenos e 1.700 euros en premios aos mellores disfraces individuais, comparsas e carrozas. Pódense anotar ata unha hora antes do inicio do desfile.