USC, Diputación e catro concellos fanse Youtubeir@s

Emma aRAÚJO SANTIAGO / LA VOZ

A BAÑA

xoan a. soler

Santiago, Ames, Teo e A Baña participan no proxecto para o uso do galego en redes sociais

01 dic 2017 . Actualizado a las 18:46 h.

Os servizos se Normalización Lingüística de nove concellos, entre os que se atopan Santiago, Ames, Teo e A Baña, xunto á Deputación da Coruña e ás tres universidades, participan na segunda convocatoria do proxecto Youtubeir@s, unha iniciativa que invita a fomentar a creatividade en galego nos vídeos de Youtube.

Para conseguilo animan a todas as persoas maiores de 14 anos a que fagan os seus propios vídeos cos cancelos #youtubeiras ou #youtubeiros nas súas descripcións. O certame entregará 5.500 euros en tres premios de mil euros e cinco de cincocentos euros, repartidos nas categorías vídeo-facermos, vídeo-opinarmos, canle, creatividade, eficiencia comunicativa, calidade técnica, calidade lingüística e o premio do público. Esta última mención é unha novidade do proxecto, permitindo que as persoas usuarias da rede social Facebook poderán propoñer cun simple comentario no perfil.

O proxecto inclúe tamén actividades de formación a desenvolver nos concellos participantes e nas universidades e que farán fincapé nas persoas maiores de 50 anos.

No acto de presentación do proxecto, Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación, destacou o potencial de Youtubeir@s «porque nas redes podemos repescar a língua». Pola súa banda, os alcaldes, todos con gafas vermellas, animan a participar da iniciativa cun vídeo.