Amancio Liñares viaxa a Cuba e terá un encontro coa Unión Barcalesa


Amancio Liñares Giraut permanecerá toda a semana entrante en La Habana para impartir tres conferencias, unha delas sobre a peregrinación a Compostela e a relevancia histórica e actual do Camiño de Santiago, incluída na programación do vixésimo sétimo Festival La Huella de España, dedicado este ano a Galicia, e ao cal foi convidado.

As outras dúas conferencias a impartir polo catedrático de Historia Natural de Negreira están relacionadas coas letras. Versarán sobre a poeta Rosalía de Castro, e falará do libro Con Rosalía de Castro no seu fogar, de Xosé Filgueira Valverde, o homenaxeado das Letras Galegas deste ano; e Castelao na Habana, a través do relato de Xosé Neira Vilas, no 75 aniversario da viaxe de Castelao a Cuba, e dos Debuxos negros, promovidas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Xa no aspecto máis relacionado coa comarca de Barcala, Liñares manterá un encontro coa directiva e membros da Unión Barcalesa de La Habana, portando agasallos doados polos Concellos de A Baña e Negreira, ademais da cooperativa Feiraco, incluíndo a entrega do libro homenaxe a Jesús García Calvo.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Amancio Liñares viaxa a Cuba e terá un encontro coa Unión Barcalesa