Mes da ciencia en galego no Gaiás e na Biblioteca Ánxel Casal

La Voz

SANTIAGO

A sede de Xoán XXIII acolle mañá o obradoiro «A maxia da ciencia»

04 nov 2026 . Actualizado a las 04:50 h.

A Biblioteca de Galicia programa a función de teatro «H2...Oh!», o día 7; o obradoiro «Misión CSIC: o segredo das Illas Cíes», para o día 14; e a peza teatral, «Curie ou a simetría dos fenómenos físicos», o día 28. Mentres, a Biblioteca Ánxel Casal ofrece o obradoiro «A maxia da ciencia!», este venres; o espectáculo «Inventoras con mentes curiosas», o 14; un obradoiro infantil de astronomía e unha proposta de observación do ceo, para o 16, e o obradoiro «Misión Ciencia», o 21.