A iniciativa ten o respaldo da Concellería de Servizos Sociais
04 nov 2026 . Actualizado a las 04:50 h.A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou onte o programa «Crisálide», acompañada de Antía Carreira, Beta Aguilar, Yaiza Mesa e Inés Vázquez, do colectivo Pupa. A tenenta de alcaldesa explicou que este proxecto, que poderá verse o sábado no Centro Xove da Almáciga (17 horas, entrada libre), dálle continuidade a unha iniciativa impulsada o ano pasado, co obxectivo de «darlle espazo e protagonismo a disciplinas artísticas que non sempre o teñen, e que aparecen con menor frecuencia na programación cultural, que xorden ademais desde unha perspectiva inclusiva e de diversidade». Do cartel do evento fan parte artistas de diferentes disciplinas do ámbito que, ademais de mostrar o seu talento, establecerán contactos a nivel artístico e laboral.