Será o 29 de novembro e, para a primeira das sesións, xa están case esgotadas as entradas
15 ago 2026 . Actualizado a las 04:55 h.29 de novembro • 18 e 21 horas • Auditorio de Galicia • Desde 21,60 euros • O actor e humorista Xosé A. Touriñán deterase en Santiago coa xira do seu novo monólogo en solitario, «Moi animal», e ofrecerá dúas funcións o 29 de novembro. Neste novo traballo, que sucede a «Aquí Tou!», aborda a particular relación que mantén o ser humano co resto das especies: «queremos os animais, comémolos, humanizámolos, protexémolos, poñémoslles roupa e convertémolos en parte das nosas familias; pero tamén podemos pasar horas intentando asasinar un mosquito que aparece ás tres da mañá». As entradas para estas dúas funcións xa se poden adquirir na web www.moianimal.gal e en Ataquilla. Para a sesión das 18 horas xa están case esgotadas.