El santiagués que amplía su huerta de Aríns con hasta 80 variedades de tomates y obtiene cuatro propias

Olalla Sánchez Pintos
Olalla Sánchez SANTIAGO

SANTIAGO

Roberto Couto muestra las variedades autóctonas de tomates en su finca de la parroquia compostelana de Aríns
Roberto Couto muestra las variedades autóctonas de tomates en su finca de la parroquia compostelana de Aríns

Roberto Couto consigue y conserva semillas de tomates procedentes del máximo número de países y, de forma ecológica, las planta. Hoy en día tiene 500 tomateras en su A horta das cores. Entre ellas ya están las variedades Raiola, Néboa, Ameixo y Terra

09 ago 2026 . Actualizado a las 10:21 h.

A su huerta, situada en la parroquia compostelana de Aríns, el intenso calor al que hizo frente Santiago en julio, no le pasó factura. «Isto está agora como un verxel. Os tomates queren calor… Cando se rozaron os 40 graos, mantivéronse verdes, coma se se estresasen. Frearon a súa maduración para defenderse, pero, en canto baixaron as temperaturas, non cesaron de madurar e madurar», muestra con ilusión el compostelano Roberto Couto mientras recorre los invernaderos de su finca familiar, a la que llamó A horta das cores, y en la que cultiva, de forma ecológica, hasta 80 variedades de tomates de diferentes tonalidades y procedentes de los más variados rincones del mundo. Entre ellas, este verano, destacan también cuatro autóctonas.

«Xa hai anos conseguira algunha variedade propia, pero non me acababan de convencer. Nesta ocasión, sen embargo, e sobre todo polo seu sabor, si», afirma con rotundidad, explicando el origen. «Coa polinización aberta, as abellas transportan o polen dunha planta a outra. Entre as 500 plantas que teño sempre acábanse cruzando variedades. Ao ver os tomates cercanos, xa sabes como comezaron as novas... E dáse a casualidade que as catro novas compostelás son resistentes, duras e saborosas», realza con pasión mientras las describe.

«A un cherry, que naceu a partir da mestura do cherry Antho Yellow e dun cherry branco, bauticeino como Raiola, pola escola infantil de Santiago á que fora a miña filla. Destaca sobre todo por ser moi doce, aínda que cun toque ácido —como moitos amarelos— e non pasarse durante moito tempo… A segunda variedade formouse a partir do Purple Sunrise de Austria e do tomate branco White Wonder de EE.UU. É unha variedade cun toque grisáceo, e de aí o seu nome, Néboa, coa que quixen tamén lembrar á espesa néboa que, por xornadas, pode haber en Aríns», prosigue. «A terceira variedade, dun verde clariño, é a Ameixo, un pouco máis ácida, que procede da mestura de dous tomates estadounidenses, do Xanadu, de pel verde amarelenta con vetas máis escuras, e do xa nomeado White Wonder. Ao cuarto tomate autóctono, tamén consistente e doce, chameino Terra. Naceu a partir do Alice's dream, unha variedade de cor laranxa e corazón vermello de Polonia, e do Ozark Sunrise de Estados Unidos… A algúns hostaleiros de Santiago, bo clientes da horta, agradoulles contar xa con variedades propias e confirmáronme que xa elaboraran pratos con elas», realza desde una huerta a la que dedica, desde enero, el máximo tiempo libre que le resta tras trabajar como enfermero.

«Acadar un produto de calidade supón moitísimas horas de traballo. Eu adícolle todas as que non estou coa familia ou no traballo... Implica moitos meses de preparación. Xa dende finais de ano hai que preparar o terreo. En xaneiro e febreiro hai que sementar. Eu fago a man o meu propio sementeiro. Logo está a época de entutorar os tomates, é dicir, proporcionarlles soporte ás plantas a medida que medran. Tamén chega o tempo da poda… Ao final da primavera pódome pasar sete horas podando. Meu pai axúdame moito», reconoce, rescatando más novedades de un año que califica de «moi bo».

«Algo que sorprende aos veciños, aínda que isto só sexa unha parte ínfima de todas as variedades de tomates que hai no mundo, é a de contar en Aríns con 80. Para obtelas, traballo con vendedores, sobre todo cuns de Francia. Hai sementes que poden chegar a custar un euro e das que non te venden máis de cinco ou dez... Quédame a espiniña de non estrearme con algunha de África. Falan moi ben dunha que se chama Mandela», comparte, reconociendo la curiosidad de ciertos nombres.

«As variedades que teño, e máis alá das de España, proceden de países como Portugal, Francia, Alemaña, Italia, Hungría, Polonia, Austria ou Bélxica, Japón, Australia, México, EE.UU., Cuba... De Rusia conto co Mango Django, unha variedade dunha cor alaranxada intensa e con forma de mango. Tamén teño de Siberia. De Corea procede o Largo, unha variedade de cor rosa frambuesa. Algo curioso é o tomate Yusupov de Uzbekistán, coñecido polos seus froitos xigantes e o seu gran sabor doce… Eu intento lograr tomates dos máximos lugares diferentes. Se vexo algo diferente por cor, pícame a curiosidade…», resalta. «Este ano para min a gran sorpresa foi un cherry belga, o chamado My dancing green fingers, algo así como Meus dedos verdes danzantes… Levaba dous anos trala semente, e conseguina. É moi doce; cun sabor totalmente distinto. Se che tapan os ollos, non sabes que é un tomate. Para min é unha fóra de serie», continúa, enumerando más novedades de la finca.

«Este ano incorporei distintas variedades das coñecidas como Dwarf, minis de tamaño e moi valoradas no eido... Crecen moi pouquiño e son bastante axeitadas para terrazas… Entre elas figura o chocolate de Tasmania, cunha planta pequena, pero que non sabe como o chocolate», sonríe el santiagués. «Outra variedade deste tomate é o Grinch, de cor verde brillante, e que supoño que se chamará así polo personaxe do Nadal...», prosigue, reconociendo que a los santiagueses, que tanto pueden degustar sus tomates en parte de la hostelería como contactando con él previamente y recogiendo el pedido previa cita.

«Non teño venda online. A xente contáctame por Instagram ou polo correo electrónico (ahortadascores@gmail.com) e achégase. Eu adáptome ás súas preferencias. Ata o momento, moitos particulares optan por un variado. Entre a hostalería hai de todo, quen reclama tomates máis coñecidos ou que busca innovar. Este ano tamén teño, aínda que pouco, polo seu prezo moi elevado —de ata 30 euros o quilo— o Amela, o coñecido como o tomate máis caro do mundo, de orixe xaponés e sabor moi afroitado», apunta, ante unos productos considerados en algunos casos casi gourmet.

«O ano que vén creo que intentarei centrarme nas variedades que máis me gustan e nas que a xente máis aprecia. E tamén nas que máis aguantan. Aínda que se hai algún tomate chamativo, irei por el...», confirma. «Non descarto tampouco iniciar a venda de packs de sementes e de plantas. O importante é que todo o mundo poida coñecer máis do tomate; a miña paixón», acentúa.