Este músico fabrica en la capital gallega clarinetes y otros objetos en madera, y es además profesor en la escuela municipal de Santiago
01 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Viene de una familia de profundo arraigo hostelero. Los bisabuelos de Pablo Pascual Alonso ya tenían restaurantes en Lisboa, cuenta, y sus padres se llevaron un pequeño disgusto cuando él y su hermano mellizo (Pedro) cambiaron la tradición entre fogones de su saga por la música. Nacido en A Cañiza, su vida transcurre entre los escenarios y un taller artesanal de fabricación en madera en Compostela. Él hace clarinetes en el barrio de Fontiñas y toca también este instrumento de viento. Pero ¿qué fue antes, el huevo o la gallina?. «Empecei tocando a gaita cuns 14 ou 15 anos. Daquela viviamos en Madrid e pasabamos os veráns en Salvaterra. Nada máis acabar o colexio, por estas datas, mandábannos co meu avó á Franqueira, unha aldeíña da Cañiza onde haberá uns vinte veciños, ata que volvía a empezar o curso. Ao volvernos, seguín coa gaita no Centro Galego de Madrid. Unha cousa levou á outra e metinme no mundo do clarinete, coa intención xa de profesionalizarme coma músico», relata.
En el 2003, cuando ya se había trasladado a la comarca compostelana —en la que lleva afincado 26 de sus 50 años—, dio el salto a la lutería, cuenta: «Tiña unha necesidade a título particular que non estaba nada ben cuberta. Cando había un problema técnico co instrumento, víame na obriga de ir a un luthier a Madrid. Aí foi cando empecei a interesarme por este tema. Basicamente, por darme cobertura a min mesmo. Logo a cousa foi evolucionando. Os compañeiros de estudos no conservatorio empezáronme a pedir que lle botase unha ollada aos seus clarinetes e fíxose un efecto de bola de neve, polo boca a boca».
Para formarse, fue a una fábrica de clarinetes en París y a la escuela de lutieres de Cambridge, donde descubrió las posibilidades de la reproducción de instrumentos históricos. «É un nicho de mercado súper pequeno, no que me fun facendo un oco», indica Pablo, cuyas réplicas de clarinetes del siglo XVIII (de la época de Mozart) han viajado hasta Alemania. «Hai unha corrente na música clásica, dende finais dos anos 60 e cada vez máis instaurada, de tocar instrumentos como os da época na que se fixeron as composicións para achegarse dunha maneira máis fidedigna á sonoridade que podían ter daquela, con agrupacións máis pequenas e empregando arcos de tripa», explica en tono divulgativo un músico y artesano que es, además, profesor de clarinete en la Escola Municipal de Música de Santiago. «Hai que diversificar. Aos músicos profesionais é o que nos queda...», comenta sobre su polifacetismo laboral.
Y es que él no solo crea clarinetes históricos o personalizados (tanto estéticamente como hechos a medida también por sonoridad) sino que también fabrica juguetes de madera en su taller. De nuevo, dice, por una necesidad, a la hora de proveer a su hijo de alternativas de juego cuando tendría unos 8 o 10 años: «O primeiro xoguete que lle fixen era un boneco de neve bastante curioso porque, en lugar de ser branco, ao estar fabricado coa madeira coa que se fan os clarinetes, o granadillo, era un boneco de neve negro. Os colegas empezáronme a pedir xoguetes para os fillos e afillados: unha caixa de ferramentas de madeira, uns animaliños con rodas...».
En el ámbito artístico, también anda Pablo con varios proyectos a la vez: «Agora mesmo activos temos dous: estou a piques de sacar o primeiro traballo con Irmaus da Raia Seca [formado por dos parejas de mellizos: los Pascual y los Álvarez, de Manzaneda]. E toco tamén no Comando Curuxás, en clave máis de foliada. Ademais, estou xirando co grupo De Vacas na súa Vacanal sinfónica dende xaneiro». Todo un ejemplo de diversificación y un bosque de oficios que fue brotando de un mismo tronco: el clarinete.
¿Y tendrá él continuidad en lo musical? Parece que el desmán a la saga familiar hostelera le ha venido de vuelta y, aunque su hijo tuvo mucho interés hasta ahora en la música y toca la trompeta desde los 8 años, «ten agora 15 e prantouna polo fútbol, algo totalmente impensable de reconducir», diserta haciendo hincapié en lo cómico de la paradoja su padre. «Quizáis máis adiante o retome, a vida dá moitas voltas...», añade en voz alta un artista del que pocos conocen su buena mano para la cocina. «É a miña faceta máis descoñecida, a que non puiden materializar de xeito profesional, para disgusto dos meus pais, xa que a de cociñeiro só a reservo para encontros con amigos e familiares. Ata os 22 estivemos metidos nunha cociña, polo que tiña que ter boa man á forza, e o peso da tradición déixase sentir. Cun recetario que vén dos meus bisavós hai unha especie de patrimonio inmaterial que imos herdando de xeración en xeración. Cando eramos máis novos non nos dabamos conta, pero agora, co paso dos anos, xa es máis consciente. Botas a vista atrás e entendes por que a casa dos irmáns Pascual estaba sempre chea sendo uns mozos. Os amigos facían pasta con atún e nós tiñamos cocido, xarrete, estofado... aquelo era un festín en comparación co outro, pero para nós era o normal», recuerda.