Mercedes Peón, Grande Amore e Carrunchos, estrelas do Festigal

Margarita Mosteiro Miguel
marga mosteiro SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

A programación musical comezará o día 24 de xullo, ás 21.45 horas, coa actuación de Fuego Lolita

20 jun 2026 . Actualizado a las 04:50 h.

24 e 25 de xullo • Entrada de balde • Campus Vida • O Festigal volverá ao Campus Vida polas festas do Apóstolo cunha programación que combinará artistas consagrados con bandas emerxentes. Haberá feira do libro, artesanía, debates e actividades para todos os públicos.

Lucía Veciño, coordinadora xeral do festival, dixo na presentación do cartel, que o Festigal «non aspiran a ser un macrofestival, senón un festival que brille coa luz propia», feito co traballo colectivo e a colaboración de artistas, asociacións e as editoriais.

Na presentación do evento este venres houbo tamén reprobacións para a Xunta de Galicia. Veciño pideu «unha ollada crítica ao reparto de fondos públicos a festivais que enchen a súa programación con artistas que cantan en castelán».

A programación musical comezará o día 24, ás 21.45 horas, coa actuación de Fuego Lolita, unha banda emerxente de Santiago e gañadora do certame Novos Valores. Completan a cita musical: Nadie González, Mercedes Peón e Grande Amore. O día 25, a xornada contará coa actuación de Kuartetas na carballeira para continuar con Carunchos, Orquestra Bravú Xangai, e pechan a noite Maruxa e Coralia Dilleis.

Ademais da música, o Festigal destaca pola programación das actividades culturais complementarias, entre as que destaca a Feira do libro, na que se contará con publicacións dunha ducia de editoriais e librarías. No espazo de mercado mostrarán e venderán as súas creacións medio cento de artesáns. Esta proposta é unha das que ten máis éxito entre os asistentes.

O Festigal é tamén lugar de debate, que terá o seu espazo na Galería das letras e das ideas, onde se poderá asistir a debates e presentacións. Os máis pequenos teñen o seu recuncho, o Festival miúdo, no que poderán gozar de actividades e talleres pensados para eles. A novidade da edición deste ano é unha mesa de sinaturas e un obradoiro de castells, dirixido por Castells de Santiago.