Contará coa participación de Manuel Cebrián Trío, Suelen Estar Quartet, a Orquestra Galega de Liberación e MBM Trío
11 jun 2026 . Actualizado a las 04:50 h.O Ames Jazz celebrará a súa novena edición os días 3 e 4 de xullo. De alzar o pano encargarase Manuel Cebrián Trío o venres 3 (22 horas, Pazo da Peregrina). O sábado 4, a actividade comezará cunha sesión vermú con Suelen Estar Quartet (13.30 horas, bar O Transistor). Despois, haberá un ensaio aberto da Orquestra Galega de Liberación (19 horas, paseo do Rego do Ameneiral) e, para pechar, MBM Trío (22 horas, Pazo da Peregrina). Esta nova edición foi presentada este mércores polo alcalde, Blas García, membros da organización e dos grupos.