A mostra «Cousas do tempo» foi inaugurada este martes
10 jun 2026 . Actualizado a las 04:50 h.Os mapas de isóbaras, elaborados no aeroporto de Lavacolla entre os anos 50 e 80, conforman a base da exposición coa que o Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura, conmemora o Día Internacional dos Arquivos. «Cousas do tempo. Documentos dun almanaque imaxinario» está conformada por 146 documentos divididos en doce vitrinas de xeito que emulan os meses do ano. En cada un dos espazos, exhíbese un mapa de isóbaras xunto a unha selección de documentos procedentes dos fondos do propio arquivo que representan actividades propias de cada mes ou fitos históricos que marcaron un determinado momento. Así, por exemplo, en xuño faise referencia a aprobación en referendo do primeiro Estatuto de Galicia e febreiro non se esquece do entroido. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, resaltou a importancia da riqueza dos fondos de Galicia