Comezan as andainas polos espazos verdes do Gaiás

La Voz

SANTIAGO

As rutas percorrerán distintos espazos exteriores do Gaiás
As rutas percorrerán distintos espazos exteriores do Gaiás Manuel G. Vicente

12 horas • Punto de encontro no Museo Gaiás • Gratis previa inscrición • Arte e creatividade combinadas coa promoción dunha conciencia medioambiental sólida. Eses tres factores están detrás do programa Gaiás en Verde que esta mañá inicia unha serie de andainas guiadas para que nenos e familias poidan descubrir e conectar cos espazos naturais do complexo. Neste primeiro día, a proposta é un percorrido sensorial co olfacto como guía. Onte quedaban xa moi poucas prazas libres. A seguinte cita será o domingo 21 baixo o título «Gaiás, paisaxe cultural». Neste caso, o obxectivo é explorar o valor cultural, simbólico e paisaxístico do monte Gaiás e os seus vínculos co Camiño de Santiago (12 horas). A «andaina feiticeira» pechará o día 23 as propostas (18 horas) como un preparativo para a noite de San Xoán xa que no monte Gaiás agroman as herbas tradicionais desta noite. A reserva de prazas para estas dúas últimas ábrese o día 15.