Unha exposición de máquinas de coser e o rock de Astarot abrían este venres o festival Folk na beira do Sar
06 jun 2026 . Actualizado a las 04:50 h.Unha exposición de máquinas de coser antigas e a presentación dun libro sobre as gárgolas de Santiago, así como o concerto de Astarot, levantaron este venres pola tarde o pano da nova edición de Folk na Beira do Sar na contorna da colexiata, onde continuarán as actividades ata o domingo. Antes, houbo anticipo no centro comercial As Cancelas.
Neste segundo día, haberá propostas desde as 11 horas con animación para a rapazada, pasarrúas, sesión vermú, roteiros e mercado de artesanía, que contará cunha mostra de mobiliario con raíces galegas. Tamén destaca o apartado gastronómico con catas e «showcooking» da man do cociñeiro André Arzúa. Acompañarao a sumiller Nuria Quintela. Nesta xornada central non faltará tampouco o Festival de Música Tradicional. O peche será a partir das 20 horas cun concerto na praza da colexiata con Faíscas da Pontraga, Xurxo Fernandes e Tiruleque.