La maqueta de la Casa do Peixe de una santiaguesa que fascina en redes y elogian en la Facultad de Bellas Artes de Valencia

Olalla Sánchez Pintos
Olalla Sánchez SANTIAGO

SANTIAGO

La joven compostelana Xoana Lema reprodujo con gran fidelidad la casa okupada que durante diez años realizó actividades en el barrio compostelano de Sar y que muchos aún recuerdan por el pez y la sirena de su fachada

08 jun 2026 . Actualizado a las 14:15 h.

Desde el pasado 18 de mayo, cuando compartió en su Instagram varias fotos de una maqueta que realizó para un trabajo universitario, la santiaguesa Xoana Lema, de 20 años, ya no dejó de recibir felicitaciones, principalmente, llegadas desde Compostela. «Eu acostumo a compartir nas redes todos os traballos que fago para a Facultat de Belles Arts de Sant Carles de la Universitat Politècnica de València, onde estudo... Este, en cambio, tivo gran repercusión; entendo que porque para moitos veciños a coñecida como Casa do Peixe espertaba moitos sentimentos… Mesmo un dos que formaran parte da súa comunidade valorou nas redes que a maqueta incorporase o sistema de recollida de auga pluvial que eles instalaran nas baixantes!», comenta sonriendo la compostelana, mientras repasa el origen de un proyecto en el que quiso mostrar cómo era la vivienda donde durante años estuvo el centro social okupado que en Santiago se conoció como Casa do Peixe, por la imagen de un pez que tenía antaño, y que precedió a la del ser mitológico de su última etapa.

El centro, situado en la rúa Curros Enríquez, en el barrio de Sar, cerró, tras una décadas de actividades, en febrero del año 2024, durante el Carnaval. En la actualidad el inmueble permanece desocupado, a la espera de próximas reformas.

La santiaguesa Xoama Lema con su maqueta de la Casa do Peixe
La santiaguesa Xoama Lema con su maqueta de la Casa do Peixe

«Sabía que era un lugar de interese cultural e colectivo no que se organizaban talleres, concertos, comidas populares, exposicións, encontros arredor da arte, e charlas sobre diversidade de temas. Eu, por idade, case non fun, só a algún encontro, pero si que vía a casa todos os días, cando, tras baixar pola rúa Castrón Douro, me encamiñaba por diante dela para ir ata o IES de Sar, onde estudei o Bacharelato de Artes. Sempre me quedaba mirando…», aclara Xoana Lema.

«Na materia de Escultura II de Belas Artes pedíronnos reproducir unha vivenda real coa maior fidelidade posible, traballando cuestións como a escala, o volume e a relación co espazo desde unha perspectiva escultórica. Os traballos logo conformarían a exposición Historias a escala, que desde a universidade se bosquexou como unha experiencia formativa que xuntaba memoria, arquitectura e pensamento escultórico. A mostra buscaba reunir un conxunto que maquetas tridimensionais que materializasen lembranzas persoais asociadas a lugares significativos, tras un proceso de deriva fotográfica que convertía a mirada subxectiva do estudante nunha exploración espacial e poética. A partir desa idea eu rapidamente pensei na Casa do Peixe», explica.

«Hoxe en día a vivenda perdeu a súa identidade, desaparecendo os seus murais e grafitis míticos, como o peixe ou a serea que a caracterizaban. Eu quería que a maqueta funcionase como unha forma de conservar a memoria dun espazo que xa non existe tal e como o lembramos, aínda que siga fisicamente alí», expone la santiaguesa. «Como estaba en Valencia foron amigos de Santiago a sacarlle fotos á casa», añade, apuntando que, aunque ella compartía las imágenes en mayo, la muestra se expuso en Valencia entre el 29 de enero y el 12 de febrero.

Ya sobre la propia obra, señala que la base de la maqueta se hizo en madera y que el firme lo construyó con masilla, que secó al aire. «Intentei imitar fielmente a textura e a cor da parede, característica. A textura fíxena con pintura de cara e con carboncillo. Improvisei algunha solución, pero creo que quedou ben», comenta con satisfacción. «Un dos principais traballos foron as tellas, feitas con arxila e pegadas con cemento. Os grafitis acometinos con pintura acrílica», añade, agradeciendo que muchos usuarios de Santiago valoren que su maqueta, de gran realismo, parezca incluso una fotografía.

View this post on Instagram
 

«Sinto que falo en nome de moita xente cando digo que esta casiña é unha especie de símbolo vivo en Santiago, que dalgunha maneira estaba presente nas nosas vidas. Agora, doutra maneira, ségueo estando», estima y aclara que junto a otra universitaria gallega ya tienen en mente otro proyecto que alude a la comunidad.

«Algo que gustou foi vela exposta na facultade de Valencia a Casa do Peixe. A xente coñeceu a súa historia e, sendo unha materia na que non é doado acadar boa nota, logrei un 9... Ao final creo que gustou por todo o que conleva», estima la compostelana.