Samu Rodríguez: «Na nosa casa teremos 90 ou 120 minutos para darlle a volta»
SANTIAGO
El capitán del Compostela señala los numerosos errores defensivos del equipo
02 jun 2026 . Actualizado a las 20:27 h.Samu Rodríguez, capitán del Compos, es optimista de cara al partido de vuela en San Lázaro frente al Atlético Arteixo. Avisa del potencial del conjunto blanquiazul ante los ojos de su afición y confía plenamente en el equipo: «A eliminatoria dura 180 minutos, máis a prórroga, e teremos que pelexar no noso campo, onde somos moi fortes». Sobre la remontada del Arteixo tras adelantarse el Compos en el marcador, el capitán apunta que «ao longo de todo o partido, as ocasiones que tiveron foron por erros nosos, por perdas parvas que non deberiamos cometer, tanto pases por dentro como pases cara atrás. Un pouco lles demos de comer. Sabiamos que era o que querían e eles no seu campo son fortes, así o demostraron todo o ano, por iso quedaron de terceiros. A xogada do empate foi un erro que pode ter calquera, que seguro que Valín está bastante jodido e temos que axudarlle entre todos. Hai que tentar que saia o mellor partido o seguinte na casa».
Acerca de las numerosas pérdidas del equipo en el inicio de la jugada, el centrocampista señala que «nestes partidos hai que cometer poucos erros, sobre todo no principio da xogada e nun campo de céspede artificial. Non estivemos todo o ben que nos gustaría. Aínda así, fomos quen de poñernos por diante no marcador, pero logo non manexamos ben o partido co 0-1. Deberiamos pechar un pouco máis o partido. Foron erros nosos, o sabemos, e temos agora que solucionalo. Na nosa casa temos 90 ou 120 minutos para darlle a volta».
Un «vestiario molesto»
El centrocampista blanquiazul reconoce que «logo dos partidos, o adestrador nunca di nada, pero o vestiario está moi molesto polo mal resultado que acadamos e pola desvantaxe coa que temos que ir agora a San Lázaro. Se nos escapou unha oportunidade de coller un bo resultado para o partido de casa. Aínda perdendo en Arteixo sabemos que estamos dentro da eliminatoria. Sabemos que temos que facer un gol para empatar, que nos valería. Temos que limpar a cabeza e despois a partir do mércores prepararnos forte para afrontar o que ven».
«No campo de San Lázaro somos moi fortes e xa o demostramos antes contra o Vilalbés»
Este curso ante el Arteixo, el Compos solo pudo lograr un empate en tres comparecencias, sumando dos victorias los coruñeses, una de ellas en Santiago. Samu Rodríguez entiende que «non fomos quen de gañarlle a este rival en tres partidos, pero nós na casa somos moi fortes. Xa o demostramos na anterior eliminatoria contra o Racing Vilalbés, e tamén ao longo de todo o ano, pois a meirande parte dos puntos que sumamos os fixemos no San Lázaro. Temos que resarcirnos deste partido e gañar. Non queda outra».
Samu, protagonista en el gol del Compostela, con una gran asistencia a Parapar, comenta que «faltou fluidez e xogar un pouquiño máis por fóra. Por dentro sabiamos que ía ser difícil, pois eles buscan que metamos balón por dentro para roubar e transitar. Aí cometemos erros que non deberíamos e que hai que solucionar para que no partido da casa non pasen de novo». De la hinchada, el capitán subraya: «Levo aquí sete anos e vivín por sorte varios playoffs e sei que a xente nos apoia moitísimo».