Na localidade barcalesa terá lugar o Concerto das Letras Galegas entre a Banda de Música Ateneo e o grupo tradicional Carapaus
17 may 2026 . Actualizado a las 04:50 h.As Letras tamén chegan hoxe ao Gaiás, que acolle ás 18.00 horas «Chaves invisibles», un espectáculo de balde (con inscrición previa) cheo de música, contos e fantasía arredor de Begoña Caamaño. En Negreira terá lugar o Concerto das Letras Galegas entre a Banda de Música Ateneo e o grupo tradicional Carapaus, no auditorio Afonso Eanes do Cotón ás 20.00. O Concello de Melide celebra pola súa banda o acto central da programación das Letras hoxe ás 12.00 na rúa do Convento 7, onde se descubrirá unha placa en homenaxe a Amador Rodríguez, dentro dunha iniciativa que homenaxea aos escritores que naceron ou viviron na vila. E, en Bugallido (Ames), degustaranse os tradicionais callos e empanada de San Isidro e a festa rematará cun concerto da orquestra folk Son de Seu.