Visitar pazos innacesibles o descubrir si es un mito que la muiñeira nació en un «muíño»: el festival M.A.R.C.O. vuelve a Vedra con novedades

SANTIAGO

Del viernes a domingo la parroquia de San Pedro de Sarandón acoge la segunda edición de la Mostra de Arquitectura Rural. Charlas, rutas, foliadas o talleres centran una cita que llena Vedra de «arquitectura, arte e aldea»

06 may 2026 . Actualizado a las 13:58 h.

Este próximo fin de semana regresa a la parroquia de San Pedro de Sarandón, en Vedra, M.A.R.C.O, el festival que pretende «mover os marcos» de la arquitectura en el rural. «O certame afianza, nesta segunda edición, a súa vontade de converter o rural nun espazo de reflexión contemporánea, creación artística e participación cidadá a través da arquitectura entendida non só como construción, senón como marco de vida e como ferramenta de transformación, identidade e futuro», avanza con entusiasmo el arquitecto César García Piñeiro, al frente del ELÓ__d_Arquitectura, el estudio con sede en Vedra que junto a la Asociación Cultural Marco celebra el certamen. La cita, que arranca ya el viernes, tiene este año como temática el Etno-pop. «A cultura etnográfica e popular é o eixe transversal que atravesa os tres grandes bloques do festival», señala César García, detallando los puntos fuertes del programa.

«Este ano estréase o bloque chamado ''Quebramiolos''. Trátase dun espazo de reflexión e creación colectiva do festival no que se busca que profesionais, veciñanza, axentes do rural e público en xeral pensen xuntos sobre o futuro do rural. Este laboratorio céntrase na arquitectura etnográfica, especialmente nos muíños de río, que, durante anos, foron motor da vida no rural e hoxe moitos fican semiabandonados… O sábado, por exemplo, prográmase a conversa ''Arquitectura e folclore'', moderada polo actor Quico Cadaval, coa participación do bailador Gus Couto, do músico Xisco Feijóo, da gaiteira Susana Seivane ou da cantareira Julia Pozo, na que se falará se é mito ou realidade iso de que a muiñeira naceu nos muíños», destaca el promotor del certamen.

«No bloque de ''O mellor de cada casa'' organízanse de novo rutas guiadas por diferentes espazos do rural como vivendas, rehabilitacións ou proxectos sostibles, sendo explicados polas propias persoas que os habitan ou os deseñaron. Este ano, por exemplo, abriremos pazos de Vedra que non se pode visitar. Un deles é o Pazo de Guimaráns, do século XVII. Tamén poderase coñecer a Casa-destilería Pepe Albela ou a importante rehabilitación feita na casa coñecida como a do Canario. Tamén farase unha ruta por muíños de Vedra. Nese caso é importante reflexionar sobre todo o diñeiro que se investiu neles para que agora estean semiabandonados...», apunta César García, poniendo también el foco en las múltiples actividades para todos los públicos que se programan durante tres días.

«Os participantes no festival poderán conversar cos actores Quico Cadaval ou Touriñán. Haberá tamén concertos-foliada con, entre outros, Xisco Feijóo, Susana Seivane, a Asociación Cultural San Campio ou Regueida Ambulante. Entre os obradoiros figura un de fotografía co ourensán Brais Lorenzo, quen acaba de vencer o premio World Press Photo polas imaxes dos incendios, así como outros de barro emocional, pintado de mural, customizado de marcos, zoquería, historia dos tecidos ou bordado…Son tres días para compartir, aprender e celebrar o rural vivo. A cita rematará cun xantar popular no que poderemos xuntarmos ata cen persoas», celebra el impulsor.