A exposición estará ata o 28 de maio no claustro alto de Fonseca
06 may 2026 . Actualizado a las 04:50 h.A USC, a través da Biblioteca Universitaria e da Área de Cultura, súmase aos recoñecementos a Begoña Caamaño polo Día das Letras, cunha exposición que percorre a traxectoria vital da autora e o seu compromiso co pensamento crítico, a lingua e os dereitos das mulleres. A mostra pon de relevo a contribución de Caamaño ao xornalismo, así como a súa decisiva achega á literatura galega a través dunha obra narrativa breve pero de enorme alcance, subliñou a USC. A mostra «convídanos a escoitar esas múltiples voces: a da narradora, a das súas personaxes, a da xornalista, a da muller e a da cidadá comprometida co seu tempo e coa súa lingua», dixo a reitora, Rosa Crujeiras, na apertura da exposición que poderá visitarse en Fonseca ata o 28 de maio.