Manuel Cacho: «Caín de pé no barrio de San Lázaro, en Santiago, e para case todos os veciños eu xa son no móbil Manolo Tenda»
SANTIAGO
Regenta, desde hace 18 años, el supermercado Frutas Sita, desde el que este domingo sirve de imprevistos a los asistentes a la tradicional Festa da Uña compostelana. Hablador y extrovertido, no niega su proximidad a los vecinos. «Antes, cando tocaba a campá da igrexa, ao segundo soaba o meu móbil e preguntaban: "Quen morreu?"», evoca
23 mar 2026 . Actualizado a las 19:59 h.Este fin de semana el barrio de San Lázaro, en Santiago, celebra la Festa da Uña, una celebración a la que, desde su ultramarinos, Frutas Sita, también colabora Manuel Cacho, conocido por todos simplemente como Manolo. «Ou Manolo Tenda —ríe—. Así me teñen gardados no seu móbil máis do 80 % dos veciños… O trato é moi próximo. Tiven sorte. Caín de pé. E a min gústame moito estar aquí, nun dous poucos barrios que quedan en Santiago», realza extrovertido, y con su habitual buen humor.
Nacido en Boqueixón hace 51 años, sus inicios en la tienda de la rúa de San Lázaro se remontan a los años 90. «Eu antes estudara informática no I.E.S. San Clemente, en Santiago, onde coñecín á miña muller. Ao rematar, comecei a traballar co seu pai en Industrial Orfebrera Compostela, o obradoiro de pratería que a súa familia paterna tiña na rúa Abril Ares, no baixo do actual pub Atlántico. Alí aprendín a facer culleres, marcapáxinas, hórreos de prata... Catro anos despois, mudei ao sector da miña sogra», recuerda, y aclara que ella tenía junto a su madre y hermana un puesto de frutas en la Praza de Abastos. «Despois púxose nese mercado xa por ela e, nos anos 80, abriu unha tenda na rúa Quiroga Palacios, á que chamou, polo seu nome, Frutas Sita. Nela segue hoxe a miña muller... Sobre 1986, Sita sumou esta de San Lázaro. Eu comecei na de Quiroga Palacios pero, rápido, vin para aquí. Desde hai 18 anos, a miña muller e mais eu estamos á fronte de ambas», explica desde un supermercado de 40 metros cuadrados, adherido al grupo Covirán, y donde a ninguna hora falla gente.
«O maior orgullo é que moitos dos clientes me manden, antes de saír da casa, un wasap e me digan que lles vaia poñendo un quilo de laranxas ou un feixe de grelos. Aí notas a confianza. Saben que coñeces os seus gustos. Déixanche elixir», agradece, mientras inicia tertulia —«tamén de fútbol; eu do Barça»— con varios de ellos. «Son falador e aquí ademais todo o barrio se coñece; moitos están emparentados. É todo familiar. Aínda lembro ao grupo de mulleres que, no inicio, pasaban aquí a tarde e das que aprendín a estar cun sorriso», rememora. «Á tenda fixémoslle cambios, como o de botar o mostrador para atrás, pero a esencia é a mesma de cando outra veciña a abriu hai 65 anos. A xente está contenta de que haxa algo así. Din que anima, que fai ao barrio máis próximo. Se se lles esquece algo, aquí estou», razona. «A pandemia supuxo un punto de inflexión. Fillos de veciños apreciaron o esforzo de levar a comida á casa aos seus pais, e hoxe sumeinos como clientes», estima. «No apagón, ao ter eu unha báscula a pilas, moitos agradeceron o de "apúntamo aí"», cita sonriendo, y mira a la iglesia situada frente a la tienda. «Cando o cura non está, déixame a chave por se lle traen algo... Antes, cando alguén falecía e aínda se tocaba a campá, ao segundo soaba o meu móbil e preguntaban: "Quen morreu?"», afirma.
«Aquí o que máis se vende é froita ou verdura, de proximidade, como tomates ou grelos, que traio desde Boqueixón ou Urdilde. Crece moito a demanda de aguacates. Temos o dun ultramarinos normal, intentando traer tamén produtos específicos, como legumes de Castela. Desde hai semanas o que máis se encargaron son os bertóns», detalla, aludiendo a los brotes que nacen en el tallo de la col y con los que, durante la presente fiesta —«Para min son días de moito traballo; non pecho para imprevistos»—, se acompaña a las uñas. «Reserváronme ata 300 mancheas; tamén sirvo a restaurantes. É unha verdura moi rica, forte, e coido que algo descoñecida fóra do barrio», reflexiona, y piensa en el éxito de la fiesta. «Despois dunha etapa na que tivo lugar no campo de fútbol e doutra na que non se celebrou, hoxe é cando máis apoxeo ten, e arrastra a xente de todo Santiago. Na primeira edición tras o covid, na poxa das uñas, ofrecérase diñeiro como nunca», evoca.
«Entre os traballadores das Consellerías próximas e os veciños, eu tamén sumo 500 contactos no wasap», relata e insiste en que, pese a estar en la entrada del Camino Francés, su clientela sigue siendo local. «Unha vez mercou aquí o actor José Sacristán», desliza divertido. «Podo traballar ata 14 horas, pero estou cómodo e contento. Gústame o trato coa xente, e aquí sempre hai unha broma», resalta.