Expoñen traballos de usuarios de Fonte da Virxe na Fundación Granell

La Voz

SANTIAGO

XOAN A. SOLER

As obras poden verse ata o día 16

12 dic 2025 . Actualizado a las 04:50 h.

A exposición da Asociación de Familiares e Amigos dos Enfermos Mentais Fonte da Virxe na Fundación Granell é xa toda unha tradición tras comezar no ano 2002. Baixo o título «A alma que se cura a si mesma pode curar a outros», a mostra dos traballos feitos por usuarios do colectivo poderá visitarse ata o día 16.