O santiagués Adrián Noia gaña o Premio Selic de Creación Literaria

La Voz

SANTIAGO

Adrián Noia, escritor compostelán
Adrián Noia, escritor compostelán .

O xurado destacou o «ben construída» que está a súa obra «O silencio non arrola»

14 nov 2025 . Actualizado a las 22:46 h.

A obra «O silencio non arrola» converte ao escritor compostelán Adrián Noia no gañador da nova edición do Premio Selic de Creación Literaria. O xurado destacou que se trata «dunha novela ben construída na que se pon en valor a memoria da cidade, recupera e dignifica o tempo de que perdeu na historia e achega un diálogo interxeracional». Ademais, incide no tratamento «sincero, rigoroso e documentado de Santiago».

O autor recibirá 6.000 euros e a obra será publicada na colección Selic.