«Cine baixo as bombas» nun ciclo da Araguaney

La Voz

SANTIAGO

CEDIDA

Paralelamente, ata o 30 de novembro será posible ver a exposición «Gaza: o eco dos esquecidos», composta por vinte fotografías

09 nov 2025 . Actualizado a las 22:02 h.

10 a 13 de novembro • Hotel Araguaney • A Fundación Araguaney-Puente de Culturas organiza en colaboración coa Deputación da Coruña o ciclo «Cinema baixo as bombas». Celebrarase do 10 ao 13 de novembro no salón Olivo do hotel Eurostars Araguaney, ás 20 horas, de maneira gratuíta ata completar o aforo. O público poderá ver e desfrutar con catro filmes, unha animación, unha ficción e dous documentais que afondan nos conflitos bélicos actuais. Nun instante no que varios países

sofren as consecuencias de guerras, invasións e violencia prolongada, a actividade busca transcender os titulares e as narrativas oficiais para poñer o foco nas historias e experiencias dos pobos que viven baixo a sombra da guerra. Entre os traballos están «Erasmus en Gaza»; «20 Days in Mariupol»; «Flee»; o «The man who sold his skin».

Paralelamente, ata o 30 de novembro será posible ver a exposición «Gaza: o eco dos esquecidos», composta por vinte fotografías.