
O colectivo nomeou ao músico e ao investigador socios de honra
02 feb 2025 . Actualizado a las 04:55 h.Día 13 • 19.30 horas • Fundación RIA (Virxe da Cerca, 6) • A Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego, Apatrigal, celebrará o vindeiro día 13 en Santiago a entrega da distinción como asociados de honra ao músico Carlos Núñez e ao investigador, escritor e ecoloxista Estanislao Fernández de la Cigoña. Despois da entrega dos recoñecementos, Carlos Núñez impartirá unha palestra co título «O celtismo atlántico como patrimonio artístico de longa duración». O evento está aberto ao público e poderá asistir calquera persoa previa inscrición gratuíta no correo apatrigal@gmail.com.
Apatrigal, que preside Carlos Henrique Fernández Coto, aprobou distinguir a Carlos Núñez «por ser defensor incansable da conservación do patrimonio cultural». Pola súa banda, no caso de Estanislao Fernández de la Cigoña, o colectivo recoñécelle «a súa dedicación e compromiso con Galicia e Apatrigal».