A carballeira de Francos acollerá actividadesdesde ás seis da mañá
11 nov 2024 . Actualizado a las 04:55 h.Desde as 6 horas • Carballeira de Francos (Teo) • A Feira do San Martiño de Teo vai hoxe «ao galope!» para celebrar o seu día grande, con actividades que comezarán antes de saír xa o sol coa feira de gando cabalar. A partir das 9 horas engadiráselle a apertura do mercado tradicional e dos postos de polbo. Unha hora máis tarde sumará ás propostas un mercado de artesanía feita en Teo e unha cata e degustación de queixos galegos.
Despois, ás 11 horas, terá lugar unha homenaxe a aqueles participantes ligados ao mundo cabalar, cun premio para os tratantes, así como agasallos para os xinetes que asistan á feira á cabalo. Precisamente, a organización facilitará unha zona de paso dentro do recinto entre as 9.30 e as 10.30 horas para que todos os asistentes poidan gozar da súa presenza.
Tamén ás once comezarán espectáculos itinerantes de música en vivo, ao que lle seguirán degustacións de mel e viños, así como espectáculos de A Barraca de Barriga Verde e a música en directo da charanga da SR de San Xoán de Calo. A despedida será ás 16.45 horas con cociña en vivo e degustación.