O Museo de Historia Natural celebra 10 anos en Vista Alegre

La Voz

SANTIAGO

Álvaro Ballesteros

Será este xoves, cunha charla-coloquio e unha exposición repasando a súa historia

27 oct 2024 . Actualizado a las 18:27 h.

Día 31 • A partir das 17 horas • O Museo de Historia Natural conmemorará o décimo aniversario da súa apertura no parque de Vista Alegre cunha charla-coloquio e unha exposición.

A partir das 17 horas, antigos directores e colaboradores do Museo ofrecerán unha visión do traballo realizado ao longo dos anos. Despois, ás 19 horas, inaugurarase unha pequena mostra temporal que fará un percorrido histórico pola evolución do museo. Durante toda a tarde, de 16.30 a 20 horas, a entrada será gratuíta.

Por outra parte, a entidade iniciou unha campaña de micromecenado.