Curtocircuíto recupera filmes de Santiago dos anos 60

La Voz

SANTIAGO

Cristina Padín

O festival comezou onte cun acto institucional e unha proposta audiovisual

02 oct 2024 . Actualizado a las 04:55 h.

20.30 horas • Teatro Principal • O festival Curtocircuíto acolle na súa segunda xornada unha sesión en colaboración co Cineclube de Compostela na que se recupera o traballo do Equipo 64, fundado por Gonzalo Anaya, Enrique Banet e Ezequiel Méndez. Proxectaranse «Camino de Santiago» (1964), «Pórtico de Compostela» (1965) e «Malpica» (1966). A actividade contará coa participación de Enrique Banet.

Admais, Curtocircuíto acolle hoxe as primeiras proxeccións da sección oficial, que serán no Teatro Principal ás 17.30, 19 e 22.30 horas.

O festival celebrou onte a súa sesión inaugural que contou coa intervención da alcaldesa, da deputada provincial de Cultura e do director do certame. Despois, chegou a proxección do filme Vinte mil leguas de viaxe submarina musicada en directa pola banda efémera Submarina de Improvisación.