Premio Luís Porteiro Garea para Marilar Aleixandre

La Voz

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

O xurado recoñeceu a súa defensa da lingua galega

22 jun 2024 . Actualizado a las 21:35 h.

Marilar Aleixandre, catedrática da Área de Didáctica das Ciencias Experimentais e dende 2017 profesora «ad honorem» da Facultade de Ciencias da Educación da USC, é a gañadora da sétima edición do Premio Luís Porteiro Garea. O xurado recoñeceu o seu compromiso e a súa defensa da lingua galega no ensino das disciplinas científicas.