A Facultade de Filoloxía inicia a segunda parte da programación conmemorativa da Revolución dos Caraveis
07 may 2024 . Actualizado a las 04:55 h.A Facultade de Filoloxía retoma hoxe as actividades conmemorativas do 50 aniversario da Revolución dos Caraveis cunha dobre cita. Ás 12 horas, no salón de actos da Facultade, o oficial xeneral do exército portugués Pedro de Pezarart Correia, que participou no movemento militar do 25 de abril de 1974, explicará como o golpe se converteu nunha revolución.
Despois, ás 19.15 horas, no Museo do Pobo Galego, celebrarase un coloquio sobre as transicións ibéricas. Nela participarán Nieves Lagares Díez, profesora titular de Ciencia Política na USC, e Manuel Mª de Artaza Montero, tamén profesor da USC de Ciencia Política; e Fernando Rosas, profesor emérito da Universidade Nova de Lisboa. O coloquio estará moderado por Antón Losada.