A herdanza de Rosalía agroma en Mazarelos con contos, música e versos

La Voz

SANTIAGO

XOAN A. SOLER

Hoxe tamén continúan as actividades dedicadas á escritora en Padrón

24 feb 2024 . Actualizado a las 04:55 h.

Rosalía foi a gran protagonista onte en Santiago polo seu aniversario. Aos actos máis institucionais e ao caldo de gloria, engadíuselle a apertura da sexta edición do festival dedicado á súa figura na praza de Mazarelos, que continuará hoxe. «Este festival procura poñer en valor a herdanza que nos deixou Rosalía», apuntou Soledad Agra, responsable de Lingua na Deputación da Coruña. Pola súa banda, a alcaldesa, Goretti Sanmartín, fixo fincapé na ampla produción creativa e cultural nos últimos anos lonxe dos tópicos.

As actividades continúan hoxe a partir das 11 horas coa apertura da feira e obradoiros. Ás 12 horas será a quenda de Ópera Break’s e seguiralle unha sesión vermú con Luís Vallecillo (13.30 horas). Pola tarde, será a quenda dun pasarrúas cos Quinquilláns (16.30 horas). Despois, Pilar García Negro presentará un libro rosaliano (18.30 horas). Xa para a recta final está programado un recital con Rosalía Fernández Rial, Sol Mariño, Lúa Mosquetera e Nuria Vil (20 horas). O broche poñerallo o concerto do grupo Loita Amada (21.15 horas).

Hoxe, ás 12 horas, o Panteón de Galegos Ilustres acollerá o acto da Asociación de Escritores en Lingua Galega. En Padrón, celébrase a Gala Rosalía Foliadeira (Auditorio, 19.30 horas).

Máis información na páxina 30, sección de Cultura.