Youtubeiras entrega este sábado en Santiago os premios nunha gala con Mondra

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO

Presentación do certame Youtubeiras coa alcaldesa disfrazada de sultana
Presentación do certame Youtubeiras coa alcaldesa disfrazada de sultana Cedida

Dezaoito proxectos competirán polos oito premios do certame

15 feb 2024 . Actualizado a las 04:55 h.

Dezaoito proxectos competirán este sábado por un dos oito premios da nova edición do certame Youtubeiras, que ten como obxectivo fomentar a creación en galego en YouTube. A entrega será durante a gala que se celebrará no Teatro Principal (20.00 horas, con entrada gratuíta). Contará coa actuación do músico Mondra e con Nuria Vil e Gabri Fuentes como presentadores. Nela reivindicarán o galego como fogar integrador e diverso. Nese sentido, Nuria Vil apuntou que «o fogar é a propia lingua» e definiu a comunidade youtubueira «como un lugar amable e de diálogo».

A alcaldesa, Goretti Sanmartín —disfrazada de sultana ao igual que o seu equipo—, lembrou que na gala se poderá ver a capacidade creativa dos finalistas. Ao respecto, a deputada provincial de Normalización Lingüística, Soledad Agra, dixo que entre as 68 canles candidatas crearon 32.400 minutos de contido en galego.