Quico Cadaval celebra 30 anos de contos o día 26 no Teatro Principal compostelán

La Voz

SANTIAGO

Santi M. Amil

Ofrecerá un espectáculo especial no que tamén responderá a preguntas do público

21 sep 2023 . Actualizado a las 04:50 h.

Martes 26 de setembro • 20.30 horas • Teatro Principal • Entrada gratuíta con retirada de convites desde dúas horas da función • Quico Cadaval inicia a celebración dos seus trinta anos contando historias cun espectáculo especial en Santiago. En «30 anos a contar historias. Notas de rodapé», o narrador, director e dramaturgo ofrecerá un repaso polos seus mellores contos, pero, ademais, deixará aberta a porta á participación do público, que está convidado a depositar na entrada as preguntas que desexe. Algunhas delas serán seleccionadas ao chou e responderáas Cadaval durante o espectáculo.