Argelio Freije: «Desde 1978 vendín moito viño, ata 150.000 litros ao ano, e aquí a xente tiña xarras co seu nome, pero agora pecho»

Olalla Sánchez Pintos
Olalla Sánchez SANTIAGO

SANTIAGO

Sandra Alonso

El 31 de mayo el conocido en Santiago como almacén de O Castiñeiriño, que distribuyó vino a granel a muchos bares, como a O Gato Negro, se despide: «Correuse a voz e xa imos rematar sen excedente»

21 may 2023 . Actualizado a las 18:25 h.

El 31 de mayo Argelio Freije, de 78 años, y su hija María Elena, o Leni, de 51, cerrarán Viños Argelio, el local del barrio compostelano de O Castiñeiriño que desde siempre se conoció como el almacén. «Non elaboramos viño, vendémolo e distribuímolo a granel, de aí ese nome. Os veciños xa dicían: "imos tomar unha taza ao almacén"», aclara Argelio. «Agora, ao coñecer que o deixamos, aseguran que teñen medo a quedar sen viño e onde collían unha caixa piden tres. En Santiago hai bodegas, pero non tantas traballan tamén con cuncas para o público. Nas primeiras décadas isto enchíase», encadena, evocando su larga trayectoria.

«Nacín nunha aldea de A Fonsagrada; logo crieime en Ribadeo. Dende mozo nunca estiven sen traballo, aínda que tampouco tiven case vacacións. Recorrín o país como camioneiro e en Compostela coñecín á que sería a miña muller. Xa con tres fillos, fun traballar como electricista a unha plataforma ao mar do Norte. Pagábase moi ben. Mentres, aquí, ao meu sogro, que repartía viño cun carro e un cabalo para unha bodega que un home de Beade abrira no Castiñeiriño, lle ofreceron quedarse co negocio. El díxomo a min e, en 1978, con máis de 30 anos, volvín», indica sobre el inicio de Viños Argelio.

Sandra Alonso

«Non sabía case do sector, pero o anterior dono deume referencias de a quen lle compraba e vendía viño. Dende o comezo optamos por un ribeiro, branco e tinto, da zona de Chantada e Ourense, que aínda viña en barrís. O mencía trouxémolo logo do Bierzo», apunta. «Lembro cando nos 80 levábase beber a mistela e nola pedían bares da rúa Nova de Abaixo. Moita da hostalaría compostelá, como o Café Bar Rey, en Concheiros, ou a Pulpería Fuentes, en Conxo, foi cliente miña. Ata o de agora conservei a O Gato Negro, en A Raíña», señala. «Turistas dos que van a ese local veñen despois a buscar viño aquí. Teñen levado incluso caixas para Sevilla ou Barcelona», añade con orgullo Leni, quien ya desde los 19 años acompañó a su padre en el negocio.

Entre ambos, y sin dejar de sonreír, comienzan a enlazar recuerdos de 45 años. «Antes bebíase máis viño. No inicio os veciños viñan buscalo aquí con distintos tipos de envases, como garrafas. Non esquezo cando na véspera das festa do barrio seguiamos enchendo botellas ás doce da noite, sen poder pechar», rememora Argelio. «Un cliente de máis alá de A Rocha tiraba ata aquí dunha carretilla cun barril de 32 litros. Logo comezamos nós o transporte... Todo cambiou. A outro particular de Santa Comba leváballe eu un bocoi de 400 litros. Era para beber todo o ano», comenta. «Hai 30 anos fomos os primeiros en Santiago en envasar viño nas caixas bag in box», continúa Argelio con orgullo, admitiendo el eco del negocio.

«Distribuín moito viño, tamén para localidades de fóra de Galicia. Houbo anos de vender máis de 150.000 litros», precisa Argelio. «Agora pecho, pero foi unha marabilla estar aquí. Era moi familiar. No barrio coñeciámonos todos. Se esquecías a chave, levánbancha a casa. Había clientes que viñan a diario e ata tiñan xa unha xarra -ou un porrón- para eles, co seu nome. Collíana, botábanse a bebida e logo lavábana», resalta. «Houbo épocas de ter tanta xente que os bares do lado se queixaban. Deixamos de servir viño por iso, pero os clientes tanto protestaron que collemos a licencia para ofrecelo de novo», destaca Leni riendo. «Cando arrancamos, a rúa do Castiñeiriño só tiña dous carrís. Non estaba El Corte Inglés. Os obreiros que o construíron enchían isto a diario. Fumaban tanto dentro que tiven que poñer un extractor. Eran outros tempos», reflexiona Argelio.

«Ata o 2000 traballamos ben coa hostalaría, pero logo un gran número de bares xa non quería o viño a granel. Coa pandemia, ademais, baixou a clientela que o degustaba aquí, a maioría, de idade. A moitos botámolos de menos. Os mozos case non beben viño», afirma Argelio. «Iso, xunto á miña idade e as trabas normativas, convencéronme para pechar», explica, asintiendo su hija. «Á xente sorpréndelle que eu non siga, pero as cousas cada vez comprícanse máis», remarca Leni.

Animados, pero con pena, piensan ya en los últimos días. «Correuse a voz de que nos imos e compráronnos tanto viño que imos rematar sen excedente. A xente xa nos pregunta onde o vai mercar agora», terminan agradecidos.