Inclúe xornadas de portas abertas e actividades para estudantes
12 may 2023 . Actualizado a las 04:55 h.Unha ofrenda floral no cemiterio de Adina con motivo do 107 aniversario do nacemento de Cela abriu onte as actividades da Fundación do autor con motivo do Día das Letras e o Día Internacional dos Museos, o «Letreseo».
Ata o día 20 de maio, o Museo abrirá as súas portas de forma gratuíta de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas. Ademais, organizará obradoiros e concertos para estudantes. A Fundación, ademais, ampliou a mostra «Picasso vivo» debido á boa acollida que obtivo.
A Egap homenaxea a Fernández del Riego
12.30 horas • EGAP • A Escola Galega de Adinistración Pública (EGAP) inicia hoxe a conmemoración do Día das Letras cunha homenaxe a Francisco Fernández del Riego. A xornada comezará coa proxección dun vídeo sobre o autor, ao que lle seguirá a conferencia «Vida e obra dun obreiro do galeguismo» a cargo do escritor Ramón Nicolás e a actuación musical do cantautor Emilio Rúa.
Ademais, durante o acto entregaranse os galardóns de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas.
A actividade completarase coa inauguración dunha mostra do pintor pontevedrés Xaime Falcón, que poderá visitarse ata o día 30.