A reconstrución de «Canto de emigración» abre a MICE en Santiago

La Voz

SANTIAGO

Cedida

A primeira sesión será hoxe ás 20.00 horas no Teatro Principal

15 mar 2023 . Actualizado a las 04:55 h.

20.00 horas • Teatro Principal • Entrada de balde • A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo abre hoxe a súa décimo oitava edición coa reconstrución que o cineasta Pepe Coira fixo do desaparecido filme de Antonio Román «Canto de emigración (Romance en imágenes sobre motivos gallegos)» (1934) que contaba a historia dun campesiño galego que retorna pobre e enfermo do seu exilio en América. A proxección estará acompañada da interpretación en directo da partitura orixinal da música composta por Teódulo R. Páramos a cargo da Orquestra Clásica de Vigo.

A continuación, ás 22.00 horas, o Teatro Principal acollerá a primeira das sesións da sección Trazas, que programa a proxección de «As cidades e as trocas», un filme portugués dirixido por Luísa Homem e Pedro Pinho.