O Consello da Cultura incorpora ao Álbum de Galicia a Xesús Carro, pioneiro dos estudos xacobeos

La Voz

SANTIAGO

Web do Consello da Cultura Galega

O compostelán colaborou con Filgueira Valverde na posta en marcha do Museo Catedralicio

08 ene 2023 . Actualizado a las 04:55 h.

O Álbum de Galicia, unha iniciativa dixital do Consello da Cultura Galega de biografías de persoas que destacaron en diversos ámbitos, acaba de incorporar unha entrada dedicada ao arqueólogo e sacerdote Xesús Carro (Santiago, 1884-1973), que destacou por ser pioneiro dos estudos xacobeos. Ademais, colaborou con Xosé Filgueira Valverde na posta en marcha do Museo Catedralicio e axudou a Walter Muir Thitehill na transcrición do Códice Calixtino. Tamén destacou o seu labor na promoción para a posta en marcha dunha oficina e dun padroado de turismo en Santiago.

Na biografía dixital, asinada por Adrián Estévez, tamén se destaca como logo do golpe de Estado de 1936, Carro «procurou salvar material da editorial Nós e do Seminario de Estudos Galegos».