Flores e música para lembrar hoxe a Castelao en Santiago no aniversario do seu pasamento

La Voz

SANTIAGO

XOAN A. SOLER

Inclúe a actuación de Faia a partir das 12.00 horas na igrexa de San Domingos de Bonaval

07 ene 2023 . Actualizado a las 04:55 h.

Hoxe • 12.00 horas • Igrexa de San Domingos de Bonaval • O Panteón de Galicia na igrexa de San Domingos de Bonaval acollerá esta mañá un acto de homenaxe a Castelao coincidindo con 73 aniversario do seu pasamento. As actividades organizadas pola Fundación do galeguista comezarán ás 12.00 horas e incluirán intervencións, actuacións musicais e unha ofrenda floral ante o seu sartego.

O acto de homenaxe, que xa se vén celebrando desde hai anos, contará coa actuación musical de Faia, que interpretará varias pezas tanto antes como despois da ofrenda floral. O peche será coa interpretación do himno galego.

Esta lembranza de Castelao por parte da entidade presidida por Miguel Anxo Seixas conta coa colaboración tanto da Xunta de Galicia como da Deputación da Coruña.