O Museo do Pobo abre unha exposición de agradecemento a Henningsen e Marisa Rey 

La Voz

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

A entidade amosa a súa gratitude pola doazón do arquivo fotográfico dos reputados antropólogos

18 nov 2022 . Actualizado a las 04:55 h.

O Museo do Pobo Galego inaugurou onte a exposición «Co sentido do común» para amosar o seu agradecemento pola doazón do fondo fotográfico dos reputados antropólogos Gustav Henningsen (Slagelse, 1934) e a súa muller, Marisa Rey (Madrid, 1936). A mostra inclúe 43 fotografías orixinais coa intención de profundar nas relacións de colaboración que se establecen nas sociedades tradicionais.

Deste xeito, as imaxes seleccionadas retratan traballos de procesado do liño ou das segas e mallas do cereal, así como labores de mantemento de infraestruturas propias das aldeas e celebracións comunais como as festas parroquiais.