A Biblioteca Ánxel Casal e a de Galicia convértense en laboratorios científicos

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO

ANA GARCÍA

06 nov 2022 . Actualizado a las 02:00 h.

A Xunta impulsa máis de corenta actividades para celebrar o Mes da Ciencia en Galego. En Santiago, as propostas desenvolveranse na Ánxel Casal e na Biblioteca de Galicia. Nas instalacións de Xoán XXIII, as actividades comezaron este sábado co contacontos «Entre bechos anda o conto», a cargo de Galeatro (12.00 horas). Despois, haberá obradoiros. O día 11 desenvolverase un de electrónica básica e creativa (18.30 horas); o día 12, o de «As ciencias básicas na vida cotiá» (12.00 horas); e o día 18, un de iniciación á robótica e á programación (18.30 horas).

Pola súa banda, na Biblioteca de Galicia as citas serán os sábados. O día 5 será a quenda do «Festival da Canción Científica CSIC Visión». O día 12 chegará o taller «Deseñando o noso escudo familiar»; o 19, de «E que rico sabe o mar!»; e o 26, «Esta auga está moi fría». As iniciativas foron presentadas onte polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.