Publican un facsimilar do plan pedagóxico de Vicente Risco

La Voz

SANTIAGO

Cedida

O traballo foi presentado onte no Mupega

19 oct 2022 . Actualizado a las 04:55 h.

O «Plan pedagóxico para a galeguización das escolas» elaborado por Vicente Risco co obxectivo de crear unha guía docente que permitise galeguizar e modernizar o modelo escolar de principios do século XX ve a luz de novo nunha edición facsimilar con motivo do seu centenario.

O exemplar conmemorativa inclúe os textos publicados en 1921 nos números 6 e 7 da revista «Nós», fundada, entre outros, polo propio Vicente Risco un ano antes, e a versión posterior do plan pedagóxico que viu a luz no ano 1934 en «A Nosa Terra», así como a súa transcrición ao galego actual, realizada pola profesora da Universidade de Vigo Isabel Mociño. A publicación complétase cun breve estudo introdutorio a cargo de Xosé Fernández que axuda a contextualizar os textos.

O traballo foi presentado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a presidenta da Fundación Vicente Risco, Celia Pereira, no Mupega. Tamén asistiu Xosé Fernández.