Un libro dos Bolechas, de guía para visitar a Catedral de Santiago

La Voz

SANTIAGO

Xoán Crespo

A publicación foi presentada onte no propio templo

10 oct 2022 . Actualizado a las 12:20 h.

A serie de libros dos Bolechas incorpora un novo título centrado na Catedral de Santiago co obxectivo de «fomentar a curiosidade dos máis pequenos nun monumento que exerce como símbolo da cidade compostelá e que atrae a milleiros de peregrinos». A publicación titulada «Os Bolechas van á catedral de Santiago» (Editorial Bolanda) foi presentada onte na basílica coa participación de preto de medio centenar de estudantes do CEIP López Ferreiro. Os Bolechas corpóreos descubríronlle unha obra que afonda na historia do templo dun xeito lúdico e didáctico.

O título é unha iniciativa da Fundación Catedral de Santiago en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. Onte na presentación participaron Valentín García, Daniel Lorenzo e Cecilia Pereira.

Os exemplares deste libro-guía, segundo destacaron desde a Catedral, serán empregados a partir de agora nas visitas escolares.