Santiago busca ao mellor improvisador de rap en galego

La Voz

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

A Liga CeibaRimas disputouse na Facultade de Ciencias da Comunicación

02 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Buscar o mellor improvisador de rap en galego. Este é o obxectivo da Liga CeibaRimas que na tarde de onte tivo lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación e que, ademais da competencia, persegue fomentar o uso do idioma galego na arte da improvisación a través de obradoiros e competicións. A pesar de ter unha estrutura como competición, porque ten que haber un gañador, os promotores da Liga CeibaRimas destacan que a deportividade, os valores e o respecto estiveron presentes en todos os eventos.