O BNG organiza un acto público no Toural en memoria de Ánxel Casal

La Voz

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

Terá lugar ás 12.00 coas intervencións de Goretti Sanmartín, Navia Rivas e Luís Bará

18 ago 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O BNG organizará hoxe na praza do Toural un acto público en memoria de Ánxel Casal e das vítimas da ditadura e das mulleres da época. A convocatoria, prevista para as 12.00 horas, contará coas intervencións de Goretti Sanmartín, portavoz municipal do BNG; de Navia Rivas, tamén concelleira en Raxoi; e do deputado autonómico Luís Bará, experto en memoria histórica. Actuará o grupo de música tradicional galega Cantamadeira.