O informe do Club de Roma, en galego

La Voz

SANTIAGO

XOAN A. SOLER

O libro, que leva por título «Os límites do crecemento», é obra de Juan Casares e de José A. González

15 jun 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Cincuenta anos despois, chega a primeira tradución ao galego do informe para o proxecto do Club de Roma sobre os retos da humanidade. O libro, que leva por título Os límites do crecemento, é obra de Juan Casares e de José A. González e está editado por Galaxia. O texto presentouse onte no Salón Nobre de Fonseca nun acto no que, ademais dos tradutores, participaron o reitor da Universidade de Santiago (USC), Antonio López Díaz, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, entre outros.