O director do CDG, Fran Núñez, salientou o traballo «moi ben feito» nesta produción. Pola súa parte, Xosé A. Touriñán expresou o desexo de que a peza viaxe moito por Galicia e poida chegar tamén aos sitios onde María Casares foi feliz.
Constitúe a quinta coprodución estreada durante este ano polo CDG
Continente María é a quinta coprodución estreada polo CDG, a unidade teatral da Xunta, no que vai de ano. Súmase así a Come and go, de Helena Salgueiro; O péndulo, de Inversa Teatro; Rastros, de Condetrespés; e os novos volumes de Clásicas desfeitas, xunto á Cidade da Cultura e as compañías Galeatro e Moving Compass. Aínda está pendente de estrea neste primeiro semestre Asemblea xeral, de Sarabela Teatro, que se escenificará o 28 de maio no Barco de Valdeorras.