En Brión, a escritora e actriz Paula Carballeira recolleu o IV Premios Laudamuco para textos teatrais en galego, entregado pola concelleira de Cultura, Sandy Cebral. Paula Carballeira concorreu ao certame coa obra «Dentes de coello».
Pola súa banda, en A Baña, o mestre e músico Alonso Barreiro Caxade recibiu na Casa da Cultura desta localidade o I Premio Daniel García Barros, instituído polo Concello para recoñecer, con motivo do Día das Letras, o traballo en favor da lingua e a cultura galegas. O alcalde bañés, Andrés García Cardeso, destacou o «encomiable traballo» realizado por Alonso Barreiro durante os sete anos nos que estivo á fronte da escola unitaria de Lañas.