Suspenden nesta semana «A Peste» debido á covid

La Voz

SANTIAGO

Sandra Alonso

Unha vez superada a situación, volverán a retomarse as representacións

09 feb 2022 . Actualizado a las 04:55 h.

O Centro Dramático Galego (CDG) comunicou a suspensión durante esta semana das funcións do espectáculo «A peste» ao detectarse casos positivos de covid entre o equipo do espectáculo. Agora, procederán a devolver o importe das entradas. Unha vez superada a situación, retomarán as representacións. Desde a compañía pública indican que xa avisarán da data do regreso.